Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2013 Páx. 888

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ortigueira

ANUNCIO polo que se fai pública a solicitude de licenza de actividade para taller de reparación de embarcacións e motores.

Licenza de apertura.

Nº expediente: 2012/U005/000009.

Neste Concello tramítase expediente para concesión da licenza de apertura seguinte:

Actividade: taller de reparación, mantemento e depósito de embarcacións e motores.

Situación: Lg. Catoira, s/n, Veiga.

Solicitante: José Rodríguez Martínez.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública durante un período de vinte días hábiles, contados desde a última publicación do presente anuncio no BOP e no DOG, co fin de que as persoas que se consideren afectadas pola actividade poidan examinalo e formular por escrito as reclamacións e alegacións que estimen oportunas.

Ortigueira, 12 de decembro de 2012

Rafael Girón Martínez
Alcalde