Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2013 Páx. 887

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de información pública sobre convenio urbanístico.

Nas dependencias municipais do Concello de Arteixo asinouse con data do 30.11.2012 con Francisco Rodríguez Gestal o texto inicial do convenio urbanístico de execución de planeamento para a obtención de terreos de cara á apertura e urbanización de vías nas inmediacións do Centro Multiúsos de Pastoriza.

De acordo co establecido polo artigo 237.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o texto do convenio ao trámite de información pública por un período de vinte días mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia.

Durante o dito período o texto do convenio subscrito estará á disposición do público en xeral, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas no Departamento de Urbanismo, e os sábados no Departamento de Información e Rexistro das 9.30 ás 13.30 horas.

Arteixo, 5 de decembro de 2012

P.D. (Decreto nº 989/2011, do 21 de xuño)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro de Urbanismo