Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2013 Páx. 885

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2012, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a formalización do contrato de subministración sucesiva de reactivos e demais material necesario para a realización de determinacións ou probas de inmunohistoquímica e histoquímica e o arrendamento do equipamento necesario para o Hospital da Costa, Burela (Lugo), pertencente ao Servizo Galego de Saúde (AB-HCC1-12-004).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Hospital da Costa.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: AB-HCC1-12-004.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de reactivos e demais material necesario para a realización de determinacións ou probas de inmunohistoquímica e histoquímica e o arrendamento do equipamento necesario.

c) CPV: 33696500-0/38434000-6.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE e DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE nº 2012/S 123-203274, 29.6.2012; BOE nº 171, 18.7.2012 e DOG nº 130, 9.7.2012.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 339.050,85 € sen IVE.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 169.525,42 € sen IVE; o importe de IVE: 13.714,58 €; o orzamento total con IVE: 183.240,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 9.11.2012.

b) Data de formalización do contrato: 1.12.2012.

c) Contratista: Dako Diagnósticos, S.A., NIF: A60947942.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 130.262,71 € sen IVE; o importe de IVE: 13.110,18 €; total con IVE: 143.372,89 €.

Burela, 17 de decembro de 2012

José Insua Pernas
Director xerente do Hospital da Costa de Burela