Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2013 Páx. 884

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 31 de xullo de 2012, da Xefatura da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude de modificación por ampliación de uso dunha concesión administrativa por parte da Confraría de Pescadores de Ares con destino á ocupación de edificio de usos pesqueiros no dominio público portuario do porto de Ares para almacén de redes e cámaras frigoríficas e centro de descarga de produtos pesqueiros frescos.

Juan Antonio Fuentes Sobrido, en nome e representación da Confraría de Pescadores de Ares, presenta escrito de solicitude de ampliación de uso dunha concesión administrativa con destino a ocupación de edificio de usos pesqueiros no dominio público portuario do porto de Ares para almacén de redes e cámaras frigoríficas, e centro de descarga de produtos pesqueiros frescos.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte de Portos de Galicia, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 31 de xullo de 2012

Antonio López Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Norte de Portos de Galicia