Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2013 Páx. 892

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

EDICTO de exposición ao público de solicitude de licenza para taller de reparación de automóbiles.

José Mª Casas Martínez solicitou neste concello licenza municipal para a apertura dun establecemento dedicado a taller de reparación de automóbiles, carrozaría, pintura, mecánica e oficinas, situado na Estrada Nacional 525, p.q. 234, marxe dereita, no Piñeiral deste concello. De conformidade co disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo termo de vinte días, mediante edictos no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios do Concello, co fin de que durante o prazo de exposición ao público, que empezará a contar dende a última publicación, poida examinarse o expediente na Secretaría deste concello, en horario de oficina.

San Cibrao das Viñas, 27 de decembro de 2012

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde