Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2013 Páx. 893

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Silleda

ANUNCIO polo que se fai pública a solicitude de licenza para a construción dunha nave para almacén de material eléctrico.

Presentada neste Concello por Mª José Mella Villamayor solicitude de licenza para a construción dunha nave para destinala a almacén de material eléctrico, na parcela 4, quinteiro 4, marxe A, do parque empresarial Área-33 (Silleda), en cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese o expediente a exposición pública durante o prazo de vinte días contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en que estará exposto no taboleiro de anuncios do Concello e poderá consultarse no Departamento de Urbanismo deste Concello os días laborables en horario de 9.00 ás 14.00 horas, para efectos de posibles reclamacións.

Silleda, 12 de decembro de 2012

Paula Fernández Pena
Alcaldesa presidenta