Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2013 Páx. 811

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2012 de prórroga do orzamento para o ano 2013.

De acordo co establecido no artigo 176 dos Estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, a non aprobación do orzamento anual da universidade antes do día un de xaneiro do ano correspondente suporá a prórroga automática do orzamento do ano anterior.

Tendo en conta que non é posible aprobar o orzamento para o ano 2013 antes da data citada, esta reitoría resolve:

1. Prórroga.

Prorrógase o orzamento da Universidade de Santiago de Compostela do exercicio 2011.

2. Contía.

A contía do orzamento prorrogado será de douscentos vinte e oito millóns oitocentos corenta e tres mil novecentos sesenta euros, distribuídos nos seguintes capítulos:

Ingresos

228.843.960,00

Capítulo III.

Prezos públicos e outros ingresos

41.548.000,00

Capítulo IV.

Transferencias correntes

140.109.480,00

Capítulo V.

Ingresos patrimoniais

713.000,00

Capítulo VII.

Transferencias de capital

41.473.480,00

Capítulo IX.

Variación de pasivos financeiros

5.000.000,00

Gastos

228.843.960,00

Capítulo I.

Gastos de persoal

149.260.000,00

Capítulo II.

Gastos en bens correntes e servizos

26.188.960,00

Capítulo III.

Gastos financeiros

898.000,00

Capítulo IV.

Transferencias correntes

2.904.420,00

Capítulo VI.

Investimentos reais

42.672.580,00

Capítulo IX.

Variación de pasivos financeiros

6.920.000,00

3. Importe do crédito do orzamento prorrogado.

O crédito inicial das partidas do orzamento prorrogado será igual ao crédito inicial que tiñan no orzamento de 2011 (páxinas 37 á 53 da edición impresa/43 a 55 da edición web).

O crédito inicial do capítulo I é o aprobado no orzamento que se prorroga, non obstante mantéñense os compromisos de carácter estrutural aprobados durante o exercicio 2012, conforme o artigo 34 da Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012.

4. Criterios de non dispoñibilidade da prórroga.

A previsión de menores ingresos para o ano 2013 fai necesaria unha retención cautelar no orzamento que se prorroga.

4.1. As porcentaxes de retención que se aplicarán sobre os créditos prorrogados son:

Capítulo II, o 25 %.

Capítulo IV, o 50 %.

Capítulo VI, o 80 %.

Os capítulos I, III e IX, o 0 %.

4.2. Os responsables de Asuntos Económicos formalizarán estas retencións mediante autorizacións, que terán a seguinte codificación: CAUTELARXXXXYYYYY, sendo XXXX o código funcional e YYYYY o código económico da correspondente partida. O Servizo de Control Interno fará o oportuno seguimento do cumprimento.

4.3. Non serán de aplicación as retencións indicadas anteriormente a:

Créditos do Consello Social.

Créditos para as bibliotecas.

Fondos de dotación de créditos para cursos de posgrao, proxectos, contratos e convenios de investigación.

Subvención á Fundación USC Deportiva.

Crédito para programas educativos europeos.

Créditos para investimentos de reparacións e mellora asociados a subvención do plan de financiamento do SUG.

5. Normas de execución.

Como consecuencia da prórroga, seguen en vigor as normas de execución do orzamento para 2011 e as complementarias ditadas nos exercicios 2011 e 2012, en todo o non modificado pola presente resolución.

6. Créditos derivados de financiamentos específicos (actividades de I+D+i, cursos de posgrao propio etc).

O crédito de que poderán dispor estas actividades que teñan anualidade prevista no ano 2013 ou que sigan activos durante este exercicio será o resultante da suma do remanente do exercicio 2012 e/ou a anualidade concedida para o ano 2013. Formalizaranse na contabilidade descentralizada mediante as figuras de IR - Incorporación de remanentes, e TP - Transferencia de crédito, respectivamente.

7. Créditos dos departamentos.

Os responsables de asuntos económicos dotarán ao inicio do exercicio (a partir do 7 de xaneiro) o crédito de cada departamento mediante unha modificación orzamentaria TP polo mesmo importe que foi distribuído no ano 2011 para gastos de funcionamento e desprazamento.

8. Dispoñibilidade no 2013 dos saldos dos créditos en 31 de decembro de 2012

Ata o peche da contabilidade do ano 2012, previsiblemente a finais de febreiro de 2013, os saldos dos créditos en 31 de decembro de 2012 do capítulo VI financiados con fondos propios habilitaranse provisoriamente no orzamento de 2013 nunha porcentaxe do 20 %.

9. Cambios derivados da aplicación do modelo CANOA na adquisición de libros, revistas e outras publicacións.

Os créditos para a adquisición de libros, revistas e outras publicacións que ata o presente exercicio se viñan adquirindo polo concepto 627, a partir do presente exercicio adquiriranse polo concepto 220 en aplicación da regra 9ª do modelo CANOA (contabilidade analítica normalizada para organismos autónomos) que establece que estas adquisicións deben ser «consideradas como gasto do curso académico e período orzamentario en que se produzan».

No orzamento prorrogado figurarán no concepto 627 os créditos para a adquisición de libros, revistas e outras publicacións, que deberán ser posteriormente transferidos ao capítulo 2, concepto 220.

10. Apertura do exercicio 2013 e contabilización de gastos.

O exercicio económico 2013 abrirase en canto sexa tecnicamente posible, e desde ese momento poderanse facer as operacións contables necesarias.

Como excepción, non se poderán introducir facturas con IVE ata que se determine a porcentaxe de pro rata aplicable, previsiblemente nos primeiros días de febreiro.

11. Disposición adicional. Son de aplicación as disposicións adicionais contidas nas normas de execución dos orzamentos 2011 que prevén ditar as instrucións que sexan precisas por parte da Xerencia para a adaptación e desenvolvemento das normas de execución, e tamén de aplicación da presente resolución.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2012

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela