Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2013 Páx. 810

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 27 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncian, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares (adultos) e colectivos de Galicia, no ano 2013 (ED104B e ED104D).

Advertido un erro no anexo III da dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 4, do 7 de xaneiro de 2013, é preciso publicar a seguinte corrección:

Na páxina 495, no encabezamento do anexo III, onde di: «Programación directa de cursos para as probas Celga 2013 (finaliza o prazo para presentar as solicitudes o día 30 de xaneiro de 2013)», debe dicir: «Programación directa de cursos para as probas Celga 2013 (finaliza o prazo para presentar as solicitudes o día 25 de xaneiro de 2013)».