Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2013 Páx. 807

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2012, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva do expediente de delimitación de solo de núcleo rural histórico-tradicional das Touzas, no concello de Dumbría.

O Concello de Dumbría solicita a aprobación definitiva do expediente referido, tramitado ao abeiro da disposición adicional 2ª.2 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

I. Antecedentes.

1. O Concello de Dumbría carece actualmente de planeamento xeral de ámbito municipal, polo que resultan aplicables as Normas complementarias e subsidiarias de planeamento da provincia da Coruña aprobadas definitivamente pola Orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas do 3.4.1991.

2. O Pleno do concello aprobou inicialmente o expediente de delimitación do solo de núcleo rural das Touzas con data do 30.4.2009. Sometido a información pública polo prazo dun mes (Diario Oficial de Galicia nº 90, do 11 de maio e xornais El Correo Gallego do 8 de maio e La Voz de Galicia do 10 de maio de 2009) non foi presentada ningunha alegación, conforme o certificado do secretario municipal incluído para o efecto no expediente.

3. Consta informe do secretario-interventor municipal con data do 28.4.2009.

4. O Pleno do concello aprobou provisionalmente o proxecto con data do 4.9.2009.

5. A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo resolveu non outorgar a aprobación definitiva á delimitación do solo do núcleo rural das Touzas o 9.12.2009, ao se detectar nesta diversas deficiencias.

6. Augas de Galicia emitiu un informe favorable o 1.8.2010.

7. A técnica municipal emitiu informe sobre documento o 14.2.2012.

8. O Pleno do concello aprobou provisionalmente o proxecto corrixido o día 7.9.2012.

II. Análise e consideracións.

Analizada a documentación remitida polo concello, en relación coas consideracións da Resolución da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo do 9.12.2009; e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, púidose comprobar que o proxecto agora presentado emenda as deficiencias sinaladas nesa resolución.

III. Resolución.

Visto canto antecede,

RESOLVO:

Aprobar definitivamente o proxecto de delimitación do solo de núcleo rural histórico-tradicional das Touzas, no Concello de Dumbría (A Coruña).

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ao de notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer, se é o caso, calquera outro que consideren procedente (artigos 48, 58, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

No suposto de que o interesado sexa unha administración pública non caberá interpoñer recurso en vía administrativa. Poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación, sen prexuízo da formulación, se é o caso, do requirimento previo en igual prazo (artigos 44 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa).

Notifíquese ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2012

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

missing image file