Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2013 Páx. 797

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública relativo a unha instalación para exposición, venda e taller de reparación de automóbiles.

Aceña Móvil, S.L. solicitou desta Alcaldía licenza municipal para a instalación de exposición, venda e taller de reparación de automóbiles, rama mecánica, na rúa do Vidro, Parque Empresarial IN-F, rueiro F, parcela 9.

Cumprindo o disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días, a fin de que durante este prazo –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto– poidan examinar o expediente no Servizo de Licenzas as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Lugo, 11 de xullo de 2012

José Clemente López Orozco
Alcalde