Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2013 Páx. 796

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública relativo a unha explotación de porcino.

Ao abeiro do artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días a seguinte actividade:

Expediente: 36/2012.

Actividade: ampliación dunha explotación de porcino.

Situación: Porto da Rama, Bértoa, Carballo.

Solicitante: Manuel Pedreira Ínsua.

A información pública será mediante un anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e exposición pública no taboleiro de anuncios do concello.

A apertura do trámite de información pública notificarase persoalmente aos veciños e titulares de dereitos inmediatos ao lugar da instalación proposta, para os efectos de poderen alegar o que consideren oportuno.

Carballo, 14 de decembro de 2012

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde