Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2013 Páx. 795

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Capela

ANUNCIO da modificación puntual número un do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno do Concello da Capela, na sesión ordinaria realizada o día 29 de decembro de 2012, adoptou o acordo de aprobación inicial da modificación puntual número un do Plan xeral de ordenación municipal da Capela.

De acordo co establecido no artigo 85.2, en relación co 93.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese ao trámite de información pública o mencionado acordo durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da última publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nos xornais La Voz de Galicia e Diario de Ferrol, para os efectos de que os interesados examinen o expediente e presenten as alegacións e reclamacións que consideren oportunas.

A Capela, 2 de xaneiro de 2013

Manuel Meizoso López
Alcalde