Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2013 Páx. 798

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para ordenación de volumes das parcelas T.1, T.2, T.3 e T.4 do parque empresarial As Gándaras.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 3 de decembro de 2012, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle formulado para a ordenación de volumes das parcelas T.1, T.2, T.3 e T.4 do parque empresarial As Gándaras, promovido por Norvento, S.L.

O acordo de aprobación definitiva do devandito estudo de detalle foille comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia con data do 13 de decembro de 2012, en cumprimento do establecido no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 13 de decembro de 2012

P.D. (Decreto número12010330)
Luis Manuel Álvarez Martínez José Antonio Carro Asorey
Tenente alcalde delegado da Secretario xeral do Pleno
Área de Urbanismo