Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2013 Páx. 721

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (875/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 875/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorena Fresco Rodríguez contra a empresa Construcciones José Carro, S.A. sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Nº de autos: despedimento obxectivo individual 875/2012.

A Coruña, 5 de decembro de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 do Xulgado da Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento entre partes, dunha e como demandante Lorena Fresco Rodríguez, que comparece asistida do letrado José Luis Vázquez Pérez Coleman e doutra como demandado Construcciones José Carro, S.A., que non comparece.

En nome do rei ditou a seguinte sentenza 927/2012.

«Decido:

1º. Estimo a acción sobre resolución de contrato formulada por Lorena Fresco Rodríguez fronte a Construcciones José Carro, S.A. e, en consecuencia, acordo, con data da presente sentenza, a extinción do contrato de traballo existente entre o demandante e a empresa demandada, por causas imputables a esta, e condeno a empresa demandada a que aboe ao demandante 17.825,19 euros (dezasete mil oitocentos vinte e cinco con dezanove céntimos de euro), en concepto de indemnización.

2º. Estimo a acción de reclamación de salarios exercitada e condeno a citada empresa demandada a aboar á parte demandante a cantidade de 10.750,32 euros en concepto de salarios debidos, importe que deberá incrementarse cos xuros do artigo 29.3 ET.

3º. Estimo a acción de impugnación do despedimento exercida e declaro nulo o despedimento que con efectos do 17 de xullo de 2012 comunicado á demandante, con condena á empresa a que aboe á demandante a cantidade de 5.852,96 por salarios de tramitación percibidos entre o 1 de agosto de 2012 e ata a data da presente resolución en que se extingue a relación laboral. E, así mesmo, a aboar a cantidade de 696,78 euros polo prazo de aviso previo incumprido.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 0875 12, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 0875 12 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación á empresa Construcciones José Carro, S.A., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de decembro de 2012

O secretario xudicial