Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2013 Páx. 719

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (876/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 876/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan González Suárez contra a empresa Construcciones José Carro, S.A., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 928/2012.

Número de autos: despedimento obxectivo individual 876/2012.

A Coruña, 25 de decembro de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento entre partes, dunha e como demandante Juan González Suárez, que comparece asistido do letrado José Luis Vázquez Pérez Coleman, e doutra como demandado Construcciones José Carro, S.A., que non comparece.

En nome do rei ditou a seguinte sentenza

Decido:

1º. Estimo a acción sobre resolución de contrato formulada por Juan González Suárez fronte a Construcciones José Carro, S.A. e, en consecuencia, acordo con data da presente sentenza a extinción do contrato de traballo existente entre o demandante e a empresa demandada, por causas imputables a esta, e condeno a empresa demandada a que lle aboe ao demandante 11.642,99 euros (once mil seiscentos corenta e dous con noventa e nove céntimos de euro), en concepto de indemnización.

2º. Estimo a acción de reclamación de salarios exercida e condeno a citada empresa demandada a aboarlle á parte demandante a cantidade de 19.199,72 euros en concepto de salarios debidos, importe que se deberá incrementar cos xuros do artigo 29.3 do ET.

3º Estimo a acción de impugnación do despedimento exercida e declaro nulo o despedimento con efectos do 10 de xullo de 2012 comunicado á demandante, con condena á empresa a que lle aboe á demandante a cantidade de 8.442,67 por salarios de tramitación devindicados entre o 1 de agosto de 2012 e ata a data da presente resolución en que se extingue a relación laboral. E, así mesmo, a aboar a cantidade de 1.005,08 euros polo prazo de aviso previo incumprido.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito, neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 0876 12, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 0876 12, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación á empresa Construcciones José Carro, S.A., expídese o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de decembro de 2012

O secretario xudicial