Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2013 Páx. 715

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (803/2011).

Neste xulgado séguese o xuízo verbal arriba indicado, no cal se ditou a sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2012.

Sentenza.

Vistos por min, Ana Belén López Otero, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo verbal tramitados co número 803/2011, en que interviñeron como demandante Leonardo Mareque Rilo, representada pola procuradora dos tribunais Sra. Sánchez Silva e asistida polo letrado Sr. Ferreiro Casal, e como demandados Marina Mareque Rilo, Manuel Mareque Morao, José Mareque Morao, Celia Mareque Morao, Jaime Baluja Otero, Juan Carlos Baluja Mareque, Javier Baluja Mareque (estes últimos como herdeiros de Consuelo Mareque Rilo), todos eles en situación de rebeldía procesual, en virtude das seguintes consideracións.

Dispoño:

Estimar a demanda interposta por Leonardo Mareque Rilo e, en consecuencia, declárase o dominio que a este corresponde, ao tela adquirido por prescrición adquisitiva extraordinaria, sobre o terreo nº 224 do plano xeral de concentración parcelaria, de natureza rústica destinada a labradío, no sitio de Revoltiña, concello de Boqueixón, que estrema: norte, con Leonarda Mareque Rilo e outros; sur, José Mareque Morao; leste, camiño construído polo Servizo Nacional de Concentración Parcelaria e Ordenación Rural; e oeste, con María Picón Dopazo. Ten unha superficie de 11 áreas e 81 centiáreas, inscrita a nome de Celia Mareque Morao, Leonardo Mareque Rilo, Consuelo Mareque Rilo e Marina Mareque Rilo, así como do terreo nº 225 do plano xeral de concentración parcelaria, de natureza rústica dedicada a labradío, no sitio de Revoltiña, concello de Boqueixón, que estrema; norte, con Celia Mareque Morao e outros; sur, con Generosa Santasmarinas Liste; leste, camiño construído polo Servizo Nacional de Concentración Parcelaria e Ordenación Rural; e oeste, con María Picón Dopazo. Ten unha superficie de 7 áreas e 63 centiáreas, inscrita a nome de José Mareque Morao, así como o terreo nº 239 do plano xeral de concentración parcelaria, de natureza rústica destinada a prado e labradío, no sitio de Rosende, concello de Boqueixón, que estrema: norte, con Avelina Rilo López e camiño existente; sur, Antonio González Morao e outros; leste, camiño construído polo Servizo Nacional de Concentración Parcelaria e Ordenación Rural, regato no medio; e oeste, vía do ferrocarril. Ten unha superficie de 8 e 47 centiáreas, inscrita a nome de Manuel Mareque Morao, e, firme, que sexa esta resolución, deben librarse os oficios procedentes ao Rexistro da Propiedade para a práctica das oportunas inscricións, todo isto con expresa imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo dos vinte días seguintes á súa notificación, para a súa posterior resolución pola Audiencia Provincial, logo de depósito da suma de 50 euros.

Así o acordo, mando e asino».

E encontrándose os demandados Manuel, José e Celia Mareque Morao en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2012

O/A secretario/a xudicial