Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2013 Páx. 713

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 7 de decembro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, polo que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a provisión do posto de xefatura do Servizo de Oncoloxía Radioterápica.

De conformidade co establecido no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (Diario Oficial de Galicia núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, o xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela,

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de avaliación colexiada, o posto de traballo que se indica no anexo.

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coas ordes vixentes polas que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As solicitudes para participar na presente convocatoria dirixiranse á Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela e poderán presentarse no Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, sita no Hospital Clínico en travesía da Choupana s/n, 15706 Santiago de Compostela, e demais lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do punto de atención ao traballador (PAT) da Dirección de Recursos Humanos e na intranet da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2012

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

ANEXO

Denominación do posto: xefe do Servizo de Oncoloxía Radioterápica.

Requisitos: posuír a condición de persoal estatutario fixo na categoría de persoal licenciado sanitario na especialidade de oncoloxía radioterápica, en situación de servizo activo en institucións sanitarias do sistema nacional de saúde, ou ser titular de praza vinculada docente-asistencial na mesma especialidade, e acreditar un mínimo de tres anos de experiencia profesional na súa categoría profesional en institucións sanitarias do sistema nacional de saúde ou desempeñando praza vinculada docente-asistencial.

Procedemento de provisión: avaliación colexiada.

Institución: Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.