Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2013 Páx. 711

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 26 de novembro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, polo que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data, pola que se convoca a provisión do posto de xefatura de servizo de Farmacia Hospitalaria.

De conformidade co establecido no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (Diario Oficial de Galicia nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, o xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela,

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de avaliación colexiada, o posto de traballo que se indica no anexo.

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coas ordes vixentes polas que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As solicitudes para participar na presente convocatoria dirixiranse á Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela (Hospital Clínico Universitario, Travesía da Choupana, s/n, 15706 Santiago de Compostela), e poderán presentarse no rexistro xeral ou mediante calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2012

Luis Verde Remeiro
Xerente da Xerencia da Xestión Integrada de Santiago de Compostela

ANEXO I

1. Denominación do posto: xefe de servizo de Farmacia Hospitalaria.

Requisitos: ter a condición de persoal estatutario fixo na categoría de persoal licenciado sanitario na especialidade de Farmacia Hospitalaria, en situación de servizo activo en institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde ou ser titular de praza vinculada docente-asistencial na mesma especialidade, e acreditar un mínimo de tres anos de experiencia profesional na súa categoría profesional en institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde ou desempeñando praza vinculada docente-asistencial.

Procedemento de provisión: avaliación colexiada.

Institución: Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.