Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2013 Páx. 704

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 18 de decembro de 2012 pola que se aproba o Plan de xestión de recursos piscícolas do Rego de Moreda, no termo municipal de Taboada.

Antecedentes.

De conformidade co disposto no artigo 68 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio, o Servizo Provincial de Conservación da Natureza de Lugo iniciou o expediente de aprobación do Plan de xestión de recursos piscícolas do rego de Moreda, situado no concello de Taboada.

Na tramitación do Plan de xestión de recursos piscícolas do rego de Moreda foron oídos o Comité Provincial de Pesca Fluvial de Lugo e o Comité Galego de Pesca Fluvial, que emitiron informes favorables sobre a súa aprobación.

Fundamentos xurídicos.

A tramitación do expediente de aprobación do Plan de xestión de recursos piscícolas do rego de Moreda axustouse ao establecido na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, e ao Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

Con suxeición ao establecido no artigo 68 do Decreto 130/1997, do 14 de maio, la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas é o órgano competente para a aprobación dos plans de xestión de recursos piscícolas.

De acordo con todo o anterior,

RESOLVO:

Aprobar o Plan de xestión de recursos piscícolas do rego de Moreda.

O contido íntegro deste plan poderase consultar nas dependencias da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sitas en San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela.

Contra esta orde poderá interporse o recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes, ou directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados estes prazos desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2012

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas