Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2013 Páx. 706

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2012, da Xerencia de Atención Primaria de Vigo, pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal sanitario diplomado (coordinador de Servizo de Atención Primaria).

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG núm. 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o director xerente da Xerencia de Atención Primaria de Vigo

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de libre designación, un posto de persoal sanitario diplomado (coordinador de Servizo de Atención Primaria).

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa orde vixente pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse, preferentemente, no Rexistro de Entrada da Xerencia de Atención Primaria de Vigo, sito na rúa Rosalía de Castro 21-23 ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da XAP de Vigo, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Vigo, 30 de outubro de 2012

F. Javier Caramés Casal
Director xerente da Xerencia de Atención Primaria de Vigo

ANEXO
Coordinador do Servizo de Atención Primaria de San Paio de Navia.