Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 7 de xaneiro de 2013 Páx. 675

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 10 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (RL 2012/0207-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, mediante esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona, a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Expediente: RL 2012/0207-4.

Acta: I362012000033445.

Empresa: Caiximirante Serralharia, L.D.A.

NIF: 506860124.

Enderezo: Mirantes S. Lourenço do Douro, s/n, Marco de Canaveses, Portugal.

Materia: obstrución.

Preceptos infrinxidos: artigo 11.1 da Lei 42/1997, do 14 de novembro.

Preceptos sancionadores: artigos 50.2, 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 2.11.2012.

Resolución: deixar sen efecto a acta de infracción e proceder ao arquivamento do expediente.

Fáiselles saber aos interesados que poden formular recurso de alzada perante o director xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes, contado desde o seguinte ao día da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 10 de decembro de 2012

P.A. (Decreto 109/2012, do 22 de marzo)
María Peón Fernández
Jefa do Servizo de Coordinación Administrativa