Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 7 de xaneiro de 2013 Páx. 673

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 7 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai público o inicio do procedemento de reintegro de axudas e subvencións xestionadas nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), intentada a notificación no último domicilio coñecido dos interesados sen que esta se puidese efectuar, notifícaselles ás persoas citadas no anexo para que, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste edicto, comparezan persoalmente ou debidamente representadas no Servizo de Promoción do Emprego da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Vigo, rúa Concepción Arenal, 8-2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para teren coñecemento do contido daquela, advertíndoas de que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que as asiste para alegar o que máis conveña aos seus intereses no prazo de quince días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia ante a Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar.

Vigo, 7 de decembro de 2012

P.A. (Decreto 109/2012, do 22 de marzo)
María Peón Fernández
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Nº de expediente de reintegro: reint. 2012/86-5.

Nome: Miguel Pérez Guzmán.

DNI: 76827280N.

Último enderezo coñecido: Caticovas, 2 A, Meis, 36637 Pontevedra.

Feito imputado: non manter a actividade que fundamentou a concesión da subvención durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: incumprimento do artigo 17.1.a) da Orde do 17 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Nº de expediente de reintegro: reint. 2012/114-5.

Nome: Restaurante Parrillada Bon Xato, S.L.

CIF: B36566867.

Último enderezo coñecido: Xeneral Franco, s/n, Silleda, 36540 Pontevedra.

Feito imputado: non manter as traballadoras subvencionadas por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: incumprimento do artigo 14.5 da Orde de 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos e plans de estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Nº de expediente de reintegro: reint. 2012/115-5.

Nome: Andrés Mejuto Mato.

DNI: 76926082Y.

Último enderezo coñecido: rúa María Colmeiro, 2-2º E, Silleda, 36540 Pontevedra.

Feito imputado: non manter a traballadora subvencionada por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: incumprimento do artigo 14.5 da Orde de 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos e plans de estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.