Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 7 de xaneiro de 2013 Páx. 672

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2012, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario número 864/2011, interposto contra a resolución administrativa do 18 de maio de 2011, que desestima o recurso de alzada contra a Resolución do 19 de xaneiro de 2011 pola que se aproba o expediente de regulación de emprego número 10/2010 da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

A Consellería de Traballo e Benestar recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1ª, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario número 864/2011, interposto por Quirino Pisonero Pérez, contra a resolución administrativa do 18 de maio de 2011, que desestima o recurso de alzada contra a Resolución do 19 de xaneiro de 2011 polo que se aproba o expediente de regulación de emprego número 10/2010 da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

En consecuencia, a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido tribunal, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1ª, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social