Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 7 de xaneiro de 2013 Páx. 668

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello do Pino (expediente IN407A 2012/103).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: CTI As Quintas.

Situación: concello do Pino.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,090 km, coa orixe no paso aéreo-subterráneo no apoio existente nº 7 tipo C-2000-16 da LMT Amarelle a Figueiroa (expte. IN407A 144/2001), tramo entre a subestación (expte. 28.910) e final no CTI Quintas (proxectado), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, 3×1×95 mm2 Al.

Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 4 de decembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña