Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 7 de xaneiro de 2013 Páx. 670

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Viticultores de Rubiós, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do rexistro de cooperativas, faise público que a Xefatura Territorial de Vigo resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Viticultores de Rubiós, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral que tivo lugar o 26 de xuño de 2011, neste rexistro provincial de cooperativas. Consta como novo domicilio social Bouza do Rato, s/n, Rubiós, do concello das Neves.

Vigo, 10 de decembro de 2012

P.A. (Decreto 109/2012, do 22 de marzo)
María Peón Fernández
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa