Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 7 de xaneiro de 2013 Páx. 451

I. Disposicións xerais

Consellería de Sanidade

CORRECCIÓN de erros. Orde do 28 de novembro de 2012 pola que se derroga a Orde do 7 de maio de 1997, de concertación e acreditación de centros sociosanitarios, e a do 3 de outubro de 2000, que a modifica.

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 241, do 19 de decembro de 2012, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 47187, no punto 2 do artigo único, onde di: «... calquera centro que vaia prestar atención sanitaria a enfermos crónicos, discapacitados e terminais ...», debe dicir: «...calquera centro que vaia prestar atención sanitaria hospitalaria a enfermos crónicos, discapacitados e terminais ...».

Na páxina 47188, no punto 3 do artigo único, onde di: «As condicións da prestación de asistencia sanitaria concertada axustaranse ao disposto na Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público», debe dicir: «As condicións da prestación de asistencia sanitaria concertada axustaranse ao disposto no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público».