Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 4 de xaneiro de 2013 Páx. 383

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (21/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 21/2011 por instancia de Abelardo Fernández González contra a empresa Coincega, S.L. e o Fogasa, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 29.11.2012, que copiada nos particulares necesarios di así:

Decisión.

Estímase parcialmente a demanda interposta por Abelardo Fernández González fronte a Coincega, S.L. con intervención do Fogasa e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Coincega, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de mil novecentos nove euros con vinte e oito céntimos de euro (1.909,28 euros), devindicando os conceptos salariais os xuros moratorios do 10 % previstos no artigo 29.3 do ET.

Notifíqueselles a resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Coincega, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 13 de decembro de 2012

A secretaria xudicial