Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 4 de xaneiro de 2013 Páx. 384

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a adxudicación e a formalización da contratación da subministración enerxética prestacional e do servizo de mantemento e conservación de edificios, instalacións e equipamentos do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a adxudicación e a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral para o Deporte.

c) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17668

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: contrato de subministración enerxética prestacional e do servizo de mantemento e conservación de edificios, instalacións e equipamentos do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD).

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 128, do 5 de xullo de 2012.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen impostos: 2.118.644,07 €.

Impostos: 318.355,93 €.

Importe total: 2.500.000 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 19 de novembro de 2012.

b) Contratista: Clece, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: un millón seiscentos noventa e catro mil setecentos tres euros e corenta céntimos (1.694.703,40 €) sen impostos.

e) Data de formalización: 15 de decembro de 2012.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2012

Por desconcentración (Decreto 325/2009)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte