Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 4 de xaneiro de 2013 Páx. 386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 11 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada presentada por Auxiliar Conservera, S.A. para unha planta de elaboración de fariñas e aceites de peixe, localizada no concello de Redondela (expediente de renovación 2012-IPPC-M-108).

O 28 de abril de 2008 concedeuse a Auxiliar Conservera, S.A. a autorización ambiental integrada nº 2007/0029_NAA/IPPC_147 para unha planta de elaboración de fariñas e aceites de peixe, localizada no concello de Redondela (Pontevedra). Nesta autorización establécese unha vixencia de cinco anos, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación á titular.

O artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, estipula que transcorrido o prazo de vixencia da autorización esta debe ser renovada e, se é o caso, actualizada. Atendendo ao indicado, e para os efectos previstos no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada pola solicitante para a renovación da autorización ambiental integrada, constituída polos documentos titulados:

– Documento técnico. Planta de fabricación de fariña e aceite de peixe. Redondela (Pontevedra). 29.11.2012. Rev. 02.

– Resumo non técnico. Planta de fabricación de fariña e aceite de peixe. Redondela (Pontevedra). 29.11.2012. Rev. 02.

Co fin de que calquera interesado poida consultalo e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes, o antedito documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

• Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

• Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Fernández Ladreda, 43, 1º-4º, 36003 Pontevedra).

• Concello de Redondela (r/ Alfonso XII, 2, 36800 Redondela, Pontevedra).

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental