Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 4 de xaneiro de 2013 Páx. 388

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 26 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición do dereito mineiro 5258 Wolfram Aurense, sito nos concellos de Cartelle, Castrelo de Miño, Arnoia e Ramirás (Ourense).

Para os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e no artigo 70.2 do Regulamento xeral para o réxime da minaría, do 25 de agosto de 1978, sométese a información pública a petición do dereito mineiro que se cita:

Número: 5258.

Nome: Wolfram Aurense.

Tipo de dereito: permiso de investigación.

Peticionaria: Minas y Geología, S.L.

Domicilio: r/ Cristo de los Milagros, 1-2º, 37001 Salamanca.

Data de solicitude: 3 de setembro de 2012.

Cuadrículas: 59.

Recursos: sección C.

Concellos: Cartelle, Castrelo de Miño, Arnoia e Ramirás (Ourense).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (rúa Curros Enríquez, 1-4º, 32003 Ourense), no prazo de trinta días.

Ourense, 26 de novembro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense