Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2013 Páx. 330

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 14 de decembro de 2012 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/86/2012, devolta polo órgano notificador por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A xefa do Servizo de Inspección Urbanística III acordou, o 23 de novembro de 2012, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística a Elías Prado Díaz e María del Mar Blanco Roca polas obras realizadas en solo rústico, sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar no lugar de Telle, Punta Penencia, Doniños, no termo municipal de Ferrol, na provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do devandito acordo, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase aos interesados o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados dispoñen dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2012

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística