Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2013 Páx. 331

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cabana de Bergantiños

ANUNCIO de licitación da concesión da xestión integral do servizo de abastecemento de auga potable e saneamento.

1.1 Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Cabana de Bergantiños.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número do expediente: 527/2012. Código: 22500.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: xestión integral do servizo de abastecemento de auga potable e saneamento no concello de Cabana de Bergantiños, mediante licitación con multiplicidade de criterios, por procedemento aberto.

b) Lugar de execución: concello de Cabana de Bergantiños.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios de adxudicación.

4. Orzamento de adxudicación.

1.1. Retribucións do concesionario

a) As tarifas de consumo de auga, conservación de acometidas e contadores, dereitos de acometida, servizo de sumidoiros etc., que sexan ofertadas polo licitador no seu proxecto de explotación e sempre tendo en conta as establecidas na ordenanza fiscal reguladora da taxa pola subministración de auga potable, pola acometida á rede xeral de abastecemento e á rede xeral de saneamento, e pola prestación do servizo de saneamento e depuración de augas residuais, aprobada polo Pleno en sesión do día 29 de marzo de 2012, e en vigor a día de hoxe segundo anuncio de aprobación definitiva publicado no BOP nº 104, do 4 de xuño de 2012, que se adxunta como anexo II.

b) Os importes correspondentes aos prezos que o adxudicatario oferte relativos á execución material para a redacción de orzamentos de conexións e prolongacións de redes de abastecemento de auga e saneamento e que non poderán ser superiores aos que aparecen recollidos no anexo III.

c) A subvención ao concesionario para manter o equilibrio económico do contrato. O importe da subvención terá unha contía anual fixa que será a solicitada polo licitador cun límite máximo de 39.486,74 euros.

1.2. Obrigas económicas a cargo de concesinario:

d) Canon anual a favor do concello: o concesionario está obrigado a pagar un canon anual como contraprestación económica pola utilización das instalacións municipais que forman parte do servizo municipal de auga e sumidoiros. O importe do canon calcularase como unha porcentaxe sobre a facturación real de cada ano, partindo dun mínimo dun 2 % e que poderá ser ampliado polos licitadores e que se valorará de conformidade co disposto na cláusula décimo cuarta.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe dos ingresos previstos polo adxudicatario durante os 25 anos de duración da concesión e que figuran no proxecto de explotación presentado a licitación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Cabana de Bergantiños.

Enderezo: A Carballa, s/n, Cesullas, 15115 Cabana de Bergantiños.

Teléfono: 981 75 40 20. Fax: 981 72 42 29.

Perfil do contratante: www.concello-cabana.com

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 15 días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, das 8.30 ás 14.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada nos pregos de claúsulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación:

Concello de Cabana de Bergantiños. Rexistro Xeral. A Carballa, s/n, Cesullas, 15115 Cabana de Bergantiños.

9. Criterios de adxudicación do contrato.

Os criterios contidos no prego e coa ponderación que nfel se sinala. Publicados no perfil do contratante: www.concello-cabana.com

10. Apertura das ofertas.

No prazo máximo dun mes contado desde a data de finalización do prazo para presentar as ofertas ou desde o día seguinte á entrada no Rexistro Xeral do Concello da derradeira proposta remitida por correo.

11. Gastos dos anuncios.

Serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, incluídos os anuncios publicados.

Cabana de Bergantiños, 5 de decembro de 2012

José Muíño Domínguez
Alcalde