Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2013 Páx. 334

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cee

ANUNCIO polo que se fai pública a solicitude de licenza municipal para a construción de estabulación libre para gando vacún de leite.

Diego Fandiño Blanco, con DNI 47364842-E, solicitou deste Concello a licenza de obras e a licenza de actividade e apertura para a construción de estabulación libre para gando vacún de leite e fosa de zurro, situado no lugar de Sembra (Toba), Cee.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o devandito expediente ao trámite de información pública por un período de vinte días a partir da publicación do último anuncio, no Boletín Oficial da provincia da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia, co fin de que as persoas que se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente nas oficinas municipais e alegar o que consideren oportuno.

Cee, 19 de novembro de 2012

Zaira Rodríguez Pérez
Alcaldesa