Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2013 Páx. 335

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de actividade de amoreamento temporal de saburra.

Casas Grutemac, S.L., representada por Marcos Rodríguez Moledo solicitou licenza de apertura para o exercicio da actividade de amoreamento temporal de saburra en Camiño da Lagoa, 3 Bº, Millarada, Vilar de Infesta, Redondela (Pontevedra). De conformidade co disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, di 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por prazo de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da inserción deste anuncio no último boletín oficial en que se publique (Diario Oficial de Galicia ou Boletín Oficial da provincia).

Redondela, 31 de outubro de 2012

Javier Bas Corugeira
Alcalde