Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2013 Páx. 329

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 13 de decembro de 2012 pola que se notifica o apercibimento previo á execución forzosa SIL/69/2012, P-UL-82.01/06, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 20 de novembro de 2012, ditou, por substitución da directora da axencia, a resolución mediante a que se apercibe a José Ovidio Prego Salgado da execución forzosa da Resolución do 5 de xuño de 2003, recaída no expediente núm. SIL/69/2012 (P-UL-82.01/06), pola que se lle ordenou volver os terreos ao estado anterior á execución das obras de construción dunha edificación dentro da servidume de protección do dominio público marítimo terrestre, no lugar de Riomaior, Santa Cristina, termo municipal de Vilaboa (Pontevedra).

Ao non poder realizarse a notificación persoal, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito apercibimento.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do apercibimento que se lle notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra este apercibimento non cabe interpoñer ningún recurso.

Para que conste e lle sirva de notificación ao destinatario arriba indicado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2012

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística