Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2013 Páx. 327

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 13 de decembro de 2012 pola que se notifica a imposición dunha primeira multa coercitiva SIL/67/2012, P-UL-72.03/09, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 20 de novembro de 2012, ditou, por substitución da directora da axencia, resolución de imposición dunha primeira multa coercitiva a Digna Bouzón Rodríguez, derivada do expediente sancionador e de restitución da legalidade núm SIL/67/2012 (P-UL-72.03/09), tramitado pola realización de obras abusivas executadas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, consistentes na construción dun pendello, no lugar de Praia de Cesantes, termo municipal de Redondela (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase a interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edifício Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, a interesada pode interpoñer recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1 regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2012

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística