Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2013 Páx. 295

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello de Muros (expediente IN407A 159/2012).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación que a continuación se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: LMTS, CS, CT, Somorto (PS Somorto).

Situación: concello de Muros.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 1,216 km, coa orixe na LMTS MUO-806 Somorto-Xantoque (expediente 66/2009), en condutor 2 RHZ1 12/20 kV 3(1×240) Al, e final no CS proxectado.

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 1,1 km, coa orixe en cela no CS EDAR-Somorto (proxectado), en condutor 1 RHZ1 12/20 kV 3(1×95) Al, e final no CT Somorto proxectado.

Centro de seccionamento prefabricado con localización na estación depuradora de augas residuais, tipo manobra exterior con envolvente 4L.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao medio ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 30 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña