Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2013 Páx. 293

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2012, da Xefatura territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello de Vimianzo (expediente IN407A 132/2012).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: LMT, CT, RBT Santa Comba-Baíñas.

Situación: concello de Vimianzo.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión aérea ao CT Santa Comba-Baíñas, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,011 km, con orixe no apoio nº 75 da LMTA Baíñas-Lucín (expediente 34.586), condutor tipo LA-56/54,6 mm2, e final no CT proxectado.

Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 100 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Liña de baixa tensión aérea do CT Santa Comba-Baíñas, cunha lonxitude de 0,439 km, con orixe no CT proxectado, condutor tipo RZ, e apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 30 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña