Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2013 Páx. 291

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2012, da XefaturaTerritorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica CS, LMT e CT Frunatur no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2012/44-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Frunatur, S.A.

Domicilio social: rúa 1, nº 10, 32901 San Cibrao das Viñas.

Denominación: CS, LMT e CT Frunatur.

Situación: San Cibrao das Viñas.

Características técnicas:

– Centro de seccionamento.

– LMT subterránea de 190 m a 20 kV, con condutor RHZ1-12/20 kV e con orixe na LMT subterránea de Fenosa e remate no CT proxectado prefabricado, de 250 kVA, R/T 20000/400-230 V.

Orzamento: 72.047,95 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

Ourense, 29 de novembro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territoriral de Ourense