Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 3 de xaneiro de 2013 Páx. 297

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Zas (expediente IN407A 62/2011).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación que a continuación se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: pza. de Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: adecuación L.M.T. aérea Baio I – Baio IV – A Piroga de Bamiro (expediente 50534).

Situación: concello de Zas.

Características técnicas:

Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,141 km, con condutor tipo LA-110, con orixe no apoio tipo CH 13/2500, en substitución do apoio existente nº 55, que se intercalará entre o nº 54 e 56 da LMTA VIM 803 Laxe-Neaño (expediente 31.948) e final no apoio nº 54 da mesma liña.

Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,496 km, con condutor tipo LA-56/54,6 mm², coa orixe no citado apoio nº 55 e final en novo apoio nº 4, que substitúe o apoio existente, onde se instalará novo paso aerosubterráneo á derivación ao CT Baio I e CT Piroga de Bamiro (expediente 50.534). Así mesmo, reforma do PAS existente no apoio nº 3 a CT Baio IV (expediente 50.534) e instalación de novos SXS nos apoios nº 1 e 4.

Liña de media tensión subterránea a 20 kV, de 3 m de lonxitude de gabia e 20 m de condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240) mm² Al, con orixe na actual LMTS ao CT Baio I (expediente 50.534) e final nas autoválvulas situadas no citado apoio nº 4.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 30 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña