Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2013 Páx. 121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 3 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2012055TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 10 de outubro de 2012, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2012055TA-OU, a Pub Ozono, CIF 76716715P, con domicilio na rúa Curros Enríquez, 25, 32630 Xinzo de Limia (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícase a Pub Ozono, CIF 76716715P, con domicilio na rúa Curros Enríquez, 25, 32630 Xinzo de Limia (Ourense), o dito acordo de inicio, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial, no prazo quince días hábiles contado desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avda. de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírtese de que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 3 de decembro de 2012

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2012055TA-OU.

Denunciado: Pub Ozono.

Documento de Identificación: CIF 76716715P.

Último enderezo coñecido: rúa Curros Enríquez, 25, 32630 Xinzo de Limia (Ourense).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 19.3.b) en relación co seu arttigo 7.u) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos de tabaco, modificada pola Lei 2/2006, do 10 de febreiro (BOE nº 36, do 11 de febreiro), e pola Lei 42/2010, do 20 de decembro (BOE nº 318, do venres, 31 de decembro).

Tipificación: grave.

Sanción proposta: seiscentos un euros (601,00 €).