Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2013 Páx. 123

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 7 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2012329TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Coa data do 28 de novembro de 2012, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade ditou o acordo de inicio do expediente sancionador nº 2012329TA-CO, incoado a José Luis de la Fuente Simes.

Unha vez intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a José Luis de la Fuente Simes o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 7 de decembro de 2012

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2012329TA-CO.

Interesado: José Luis de la Fuente Simes.

DNI/NIF/CIF: 32750217-B.

Último enderezo coñecido: San Isidoro, 58-2º D, 15007 A Coruña.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro, nos seus artigos 7.u) e 19.2.a).

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 30 € (trinta euros).