Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 2 de xaneiro de 2013 Páx. 125

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 4 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a procedencia de reintegro de axudas e subvencións ao programa de incentivos a plans empresariais de estabilidade laboral, reguladas na Orde do 19 de maio de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 26 de maio), relativa ao expediente TR345B 2008/380-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle a interesada o contido da resolución que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 4 de decembro de 2012

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR345B 2008/380-2.

Nome: Danilsa Isabel Polo Sánchez.

DNI/NIF: X3774356X.

Último enderezo coñecido: rúa Rosalía de Castro, 21, 27600 Sarria, Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas ao abeiro desta orde durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 16 da Orde do 19 de maio de 2008.

Contido da resolución: procedencia de reintegro.