Con data do 17 de outubro de 2012, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 20120061TA-OU, a Roberto Fernández Fernández, con DNI 44468721-S, con domicilio na rúa Balorca, bloque 1-5º A, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Roberto Fernández Fernández, con DNI 44468721-S, con domicilio na rúa Balorca, bloque 1-5º A, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense), o contido do referido acordo de inicio, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo quince días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avda. de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, de ser o caso, copia, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Advírtese de que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.
A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.
Ourense, 3 de decembro de 2012
María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
1. Expediente sancionador 2012061TA-OU.
Denunciado: Roberto Fernández Fernández.
Documento de identificación: 44468721-S.
Último enderezo coñecido: rúa Balorca, bloque 1-5º A, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).
Feito imputado: infracción en materia sanitaria.
Precepto infrinxido: artigo 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos de tabaco.
Tipificación: leve.
Sanción proposta: trinta euros (30,00 €).