Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 31 de decembro de 2012 Páx. 49489

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 12 de decembro de 2012 pola que se notifica a resolución de liquidación provisional, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, por substitución da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo; DOG número 59, do 27 de marzo), o 15 de novembro de 2012, resolución pola que se acorda a aprobación da liquidación provisional de gastos de execución subsidiaria a María del Pilar Castro Iglesias, en representación de Río Pacín de Inversiones, S.L., das obras de demolición do edificio de nova planta situada na estrada N-540, punto quilométrico 70, en Aceredo, parcela 63, polígono 50, no termo municipal de Lobios, provincia de Ourense.

Ao non se poder realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpor alternativamente o recurso de reposición potestativo no prazo dun mes, e ante o mesmo órgano que ditou o acto, ou recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación. De optar por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata a resolución expresa daquel ou ata o seu rexeitamento por silencio administrativo.

Para que conste e lle sirva de notificación de resolución á destinataria indicada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2012

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística