Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 31 de decembro de 2012 Páx. 49491

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 10 de decembro de 2012 pola que se dá traslado do acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/43/2012 e da orde de suspensión de obras ditada no expediente IU3/43/2012-S1, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o traslado do acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística e da orde de suspensión a Mónica López Pereira, en relación coas obras de construción dunha edificación de tipoloxía residencial, sitas no lugar de Piñeiro, nº 5, parroquia de Sobrada de Aguiar, no termo municipal de Outeiro de Rei, provincia de Lugo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase a interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntranse ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

A interesada dispón dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes.

Contra a orde de suspensión, a interesada pode interpoñer recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2012

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística