Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Luns, 31 de decembro de 2012 Páx. 49487

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 10 de decembro de 2012 pola que se notifica a imposición dunha segunda multa coercitiva (expediente IU3/59/2012-B1), devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, por substitución da directora (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo), o 22 de outubro de 2012, resolución pola que se impón unha segunda multa coercitiva a Manuel Fernández Ares, como consecuencia de incumprir a Resolución do 31 de agosto de 2006, pola que se ordena a reposición dos terreos afectados polas obras de explotación de cantaría, apertura de novos camiños e acumulación de entullos ao estado anterior á súa execución no lugar da Morteira, no termo municipal de Carballeda de Valdeorras, provincia de Ourense.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, o interesado pode interpoñer recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2012

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística