Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 28 de decembro de 2012 Páx. 48184

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2012/201-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Papeles y Desarrollos, S.L.

Domicilio social: rúa A Rega, nº 6, planta 3A, 32500 O Carballiño.

Denominación: CS e CT para establecemento para reciclaxe de papel e cartón.

Situación: rúa Mariñeiros, parcela 022, POL Río do Pozo, Narón.

Características técnicas: centro de seccionamento de formigón prefabricado modular con cela de entrada e saída e cela de liña, 20 kV, 400 A, 16 kA e centro de transformación que inclúe cela de remonte, cela de seccionamento, cela de protección e cela de medida, 20 kV, 400 A, 16 kA, e dúas celas de protección de trafos, incluídos dous trafos de 1.000 kVA cada un, de aceite, refrixeración natural, 20.000/420 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente a dereito.

A Coruña, 30 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña