Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 28 de decembro de 2012 Páx. 48186

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación do artigo 2 dos estatutos, domicilio social, da entidade Copás, Sociedade Cooperativa Galega.

No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do rexistro de cooperativas de Galicia, no seu artigo 53, establécese a obrigatoriedade da publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo 2 dos estatutos, «domicilio social», da entidade Copás, Sociedade Cooperativa Galega, que pasa a ser rúa Gómez Ulla, número 14, baixo, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña).

RESOLVO:

Dispor a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo 2 dos estatutos, «domicilio social», da entidade Copás, Sociedade Cooperativa Galega, que pasa a ser rúa Gómez Ulla, número 14, baixo, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña).

A Coruña, 4 de decembro de 2012

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña