Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 28 de decembro de 2012 Páx. 48187

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2012 pola que se anuncia a contratación do servizo integrado de helicópteros e brigadas con destino a prevención e defensa contra incendios forestais durante as precampañas e campañas nos anos 2013 e 2014, tramitado como anticipado de gasto, por procedemento aberto e tramite ordinario, suxeito a regulación harmonizada (expediente 33/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo integrado de helicópteros e brigadas helitransportadas con destino á prevención e defensa contra incendios forestais durante as precampañas e campañas dos anos 2013 e 2014 (proposta 28/12-I).

c) División por lotes e número: si.

Lote 1: servizo de helicópteros de tipo lixeiro, co persoal das brigadas helitransportadas correspondentes.

Lote 2: servizo de helicópteros de tipo medio, co persoal das brigadas helitransportadas correspondentes.

d) Prazo de execución: dende a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2014, con posibilidade de prórroga.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV: 60442000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipada de gasto; aberto, suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: cuantificables mediante fórmulas.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 12.388.254,88 € (exento de IVE), cuxa distribución por lotes é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

Valor estimado: 34.773.155,36 €, incluídas posibles prórrogas e modificacións previstas.

5. Financiamento: fondos propios da comunidade autónoma.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo, categoría): grupo R, subgrupo 6, categoría D, segundo epígrafe I da carátula.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo as letras J e K da carátula.

7. Garantías exixidas.

Definitiva: lote 1: 215.461,72 €; lote 2: 403.951,02 €.

8. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, nº 5, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 42 e 981 54 40 29 (consultas administrativas), 981 54 74 41 e 981 54 60 63 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18073

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o 15 de xaneiro de 2013.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 24 de xaneiro de 2013.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 7 de decembro de 2012.

13. Outras informacións: establecemento de obrigas contractuais esenciais (cláusula Z da carátula).

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2012

P.D. (Orde 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar